Mondoñedo acollerá o Encontro Diocesano de Pascua

Unha oportunidade para compartir inquedanzas e abrir camiños de evanxelización entre nós

Sábado 1 de xuño de 2019

Aos sacerdotes, relixiosos, relixiosas e laicos:

O vindeiro sábado, día 1 de xuño, no Seminario de Mondoñedo, o noso bispo convócanos ao ENCONTRO DIOCESANO DE PASCUA para celebrar a Pascua como Igrexa diocesana, vivir unha experiencia de Igrexa entre as parroquias da diocese, compartir inquedanzas e abrir camiños de evanxelización entre nós.

Este é o horario da xornada que remata a mediodía:
· 10:30h.- Acollida/café
· 10:50h.- Oración (salón de actos)
· 11:00h.- Saúdo do noso bispo, presentación das parroquias e relatorio: “Comunidades parroquiais evanxelizadas e evanxelizadoras
· 12:00h.- Descanso
· 12:30h.- Diálogo en pequenos grupos
· 13:15h.- Celebración pascual (capela maior do Seminario)
· 14:00h.- Xantar compartido (comedor do Seminario). Supón que traemos a comida e ata a podemos compartir, o que favorece a nosa convivencia e fraternidade

Animo a participar aos párrocos acompañando aos seus fregueses e ás delegacións de cada vicaría, así como, ás congregacións relixiosas, movementos, asociacións, confrarías, etc...

Haberá tamén un servizo de acollida e acompañamento para as persoas que participen neste encontro.

Agardámoste. Unha aperta.

Antonio Rodríguez Basanta
Vicario xeral de Mondoñedo-Ferrol

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol