Cáritas Diocesana propone un intenso programa para la campaña de personas sin hogar

Uno de cada cinco gallegos se encuentra en situación de exclusión social · Autor: Cáritas Española

El concello de Ferrol organiza las "Xornadas de Persoas sin Hogar"

Durante los días 23, 24 y 29 de octubre

Este ano 2019 cúmprense 27 anos desde que Cáritas comezou a celebración da campaña de “Persoas Sen Fogar”, sempre co obxectivo último de que toda persoa viva con dignidade nun fogar propio, en paz e de xeito permanente. Seguimos apostando pola centralidade das persoas en "situación de sen fogar"

Iníciase este ano un novo periodo de campaña (trienio 2019-2021), mantendo a interpelación á sociedade que xa se incorporou na campaña anterior: “E ti, ?qué dis?. Di basta. Naide Sen Fogar”.

Seguimos inmersos nunha sociedade e nun sistema que deixa fora ás persoas máis vulnerables, e debemos seguir dicindo “¡basta!”. Segundo o Informe FOESSA case 800.000 fogares e 2,1 millóns de persoas sofren situacións de inseguridade na vivenda.

O cartel da campaña deste ano leva por título “Ponlle cara”, sendo imprescindible saber que falamos da situación que viven persoas concretas, con faciana, nome e apelidos. Hai que mirar ao senfogarismo de fronte e visibilizalo, ponéndolle cara. Neste novo trienio insístise en que “Naide Sen Fogar” é posible, facendo fincapé este ano na PREVENCIÓN.

Agardando con esperanza que entre todos fagamos visible a realidade das persoas sen fogar, achegamos os materiais de sensibilización, asi como informamos dos actos programados na celebración da campaña:

- O día 23 de outubro, rolda de prensa no Centro de Día de Inclusión Social "Gabriel Vázquez Seijas" (11:00h.).

- O día 24 de outubro, gesto de flashmob, con recorrido polas rúas de Ferrol, con saída do centro e chegada ao Cantón de Molins (de 11:30 a 12:30h.).

- O día 29 de outubro, participación na "Xornada de PSH" organizada polo Concello de Ferrol (achégase o programa e o enlace para as inscricións).

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol