| |
Nova
Fronteira es la nueva página WEB que dirige Antonio Valín y en la que participa
un grupo de colaboradores de la Delegación Diocesana de Infancia y Juventud
de nuestra Diócesis.
La página, que pretende ser lugar de encuentro para jóvenes
cristianos, puede visitarse en
http://www.novafronteira.org
O noso nome di ben claro
quén somos e o que pretendemos. Detrás desta páxina estamos un grupo de
persoas, rapaces e rapazas, que nos situamos nunha fronteira: somos
cristianos, xoves, persoas inquietas no medio desta sociedade, que
queremos escoitar e facernos oir e, desde logo, persoas que temos moito
que dicir.
Facemos isto desde unha
clara opción cristiá, crendo que o evanxeo anunciado por Xesús sigue
sendo válido. Pero ó mesmo tempo queremos escoitar voces moi plurais,
daí que nos situemos na fronteira. Así, a nosa voz, a túa voz, a de
calquera, pode sentirse, oirse e escoitarse.
Somos unha fronteira nova porque a maioría dos que estamos detrás
desta inciativa somos xente nova. De tódolos xeitos, non queremos
pecharnos só nun campo concreto: calquera que teña algo que dicir,
compartir, opinar,... pode ter aquí o seu espazo. E isto queremos facelo
tendo presente moitos aspectos nos que nos movemos: a arte, o cine, a
literatura e música, as noticias máis actuais e os temas de reflexión, a
nosa e a túa opinión,... A nosa páxina é un lugar de encontro de moitas
voces; un lugar de encontro de materiais, inciativas, proxectos,... pero
sobre de ilusións e inquedanzas.
Nova
fronteira é o lugar de todos, o teu, o noso. Somos todos os que a
facemos.
|