|


O pasado luns, día 19 de setembro, o papa
Benedicto XVI recibía personalmente ao noso Bispo, Mons. Sánchez Monge,
xunto cos demais bispos ordenados durante o último ano, logo de participar
nunhas Xornadas de Estudo organizadas pola Santa Sé para ese efecto.
Benedicto XVI manifestoulles aos novos bispos a súa alegría porque comezasen
o seu ministerio episcopal indo en peregrinación ata a tumba do Apóstolo
Pedro para renovar a súa fe, reflexionar sobre as súas responsabilidades
como sucesores dos apóstolos e manifestar a súa comuñón co Papa.
O Papa exhortou aos novos bispos a estar sempre moi preto dos sacerdotes e
dos catequistas e a coidar dunha forma moi especial a celebración da
Eucaristía, que debe alimentar nos fieis o seu sentido comunitario da fe.
|