Cáritas, Koopera e o Concello de Ferrol firman un convenio para a instalación de contenedores de roupa

Entre os seus obxectivos, a reinserción de persoas en risco de exclusión

O proxecto textil conta xa con un empregado

O Concello de Ferrol ven de asinar un convenio a tres bandas con Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol e Koopera Servizos Ambientales, S.Coop, para a posta en marcha dun programa téxtil de inclusión activa que procura un obxectivo fundamental: a xeración de emprego entre os colectivos mais vulnerables a través da reutilización de roupa e calzado depositado pola veciñanza en 16 puntos de recollida.

O convenio foi asinado este mediodía na Sala de Comisións do Pazo Municipal polo alcalde, Jorge Suárez, a directora de Cáritas Mondoñedo-Ferrol, María Victoria Rodríguez, e por Óscar Pérez Rodríguez, no nome e na representación da Koopera, unha cooperativa de iniciativa social e utilidade pública sen ánimo de lucro que procura a inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables no acceso ao mercado a través da recuperación e recollida de residuos, entre outras fómulas.

Foi nunha rolda de prensa na que estiveron acompañados pola concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade, Saínza Ruiz. Con este acordo, expuxeron, promovese a xeración de emprego entre os colectivos desfavorecidos coa recuperación de roupa, calzado e outros complementos téxtil  para preparalos para a súa reutilización e reintroducción no circuíto desde o mais estrito respecto ambiental.

Desde este momento, a roupa que se deposite nos contedores que se van a instalar en Ferrol, entrarán no proxecto téxtil de recollida, reciclado e reutilización que vai ligado a outro de xestión e xustiza social”, manifestou a presidenta de Cáritas.

Pola súa banda, o representante de Koopera, Óscar Pérez, relatou chegan a Ferrol “avalados pola experiencia e bo resultado doutros territorios” que agora desemboca ena nosa cidade co obxectivo de crear emprego entre as persoas en risco de exclusión”.

O proxecto arrinca con 16 puntos de recollida no municipio e con unha persoa xa contratada, un novo emprego creado coa vontade de ampliar o seu número en breve.

Lévamos tempo en conversas para darlle forma administrativa a este proxecto que hoxe asinamos aquí e que, coidamos, ten tres patas fundamentais para nós como Administración local que son a protección e coidado medioambiental, a inclusión social de persoas en dificultades e a creación de emprego, cun posto xa creado” manifestou o alcalde, que agradecía hoxe a Cáritas a súa paciencia e colaboración coa Administración local.

Conforme ao convenio, ubicaranse no municipio un total de 16 puntos de recollida téxtil que estarán nas seguintes localizacións, tan axiña como sea posible desde a sinatura:

1. Avenida de Castelao, xunto ao CIFP Rodolfo Ucha

2. Avenida de Castelao, con Marqués de Santa Cruz

3. Avenida de Esteiro, 85

4. Avenida de Mac-Mahon, 12

5. Praza do Inferniño

6. Rúa Entreríos, 15

7. Rúa Pontevedra, 17

8. Rúa San Amaro, 10

9. Estrada de Catabois, 92

10. Estrada de Catabois, 265

11. Rúa Maiola, 1

12. Estrada Porto-A Graña

13. Rúa Cabana, 41

14. Avenida Doutor Fleming

15, Rúa Espartero, 15

16. Atrio da parroquia do Pilar, Recimil


+ Vídeos: https://www.facebook.com/caritasmondonedoferrol/

Fuente: Concello de Ferrol