Delegación del Clero

Delegado
M. I. Sr. D. Antonio Rodríguez Basanta
981 353 295 | 670 248 594
vicarioxeral@mondonedoferrol.org



· RETIROS DE ADVIENTO Y FORMACIÓN ECONÓMICA

Estimado compañeiro e irmán:

Que ao recibo desta carta te encontres ben e con bo ánimo. O motivo é recordarche as seguintes datas, xa anunciadas, para que as teñas presentes e te animes a participar.

RETIROS de ADVENTO no mes de decembro, impartidos polo noso Bispo:
Día 2, luns, no Seminario de Mondoñedo.
Día 3, martes, na Casa Parroquial de Vilalba.
Día 4, mércores, en Ferrol, na parroquia de Santa María de Caranza.

Comezarán á partires das 10:30 hs. e ao remate podemos xantar xuntos avisando previamente.

XORNADAS INFORMATIVAS sobre ECONOMÍA:
en Mondoñedo (Seminario) o luns, 9, de 10:30 a 13 hs.
en Ferrol (Domus) o martes, 10 , de 10:30 a 13 hs.

Adxunto o programa xa iniciado de EXPOSICIÓNS e CONFERENCIAS con motivo da celebración dos 800 anos do comezo do pontificado de D. Martín I, nas que podemos participar nas distintas zonas da diocese.

Sen máis polo de agora, recibe un saúdo fraterno.
 


· CIRCULAR: INICIO DO CURSO PASTORAL 2019-2020

Estimado compañeiro e irmán:

Anticipándome ao comezo do vindeiro curso pastoral e desexando que tiveras a oportunidade dalgúns días de merecido descanso, paso a anunciarche as seguintes convocatorias para que no posible te animes a participar:

XX XORNADAS DE TEOLOXÍA no ITC (Instituto Teolóxico Compostelán), os días 4, 5 e 6 de setembro co lema “Bautizados e enviados” en sintonía coa celebración do mes misioneiro extraordinario convocado polo papa Francisco para outubro.

XXVII SEMANA DE FORMACIÓN PERMANENTE DOS CREGOS DE GALICIA en Poio, os días 10, 11 e 12 de setembro co tema “Xuventude: comuñón e comunicación”. Uns días moi nosos para convivir con outros sacerdotes de Galicia, formarnos e ter algún tempo de lecer. Adxuntámosche o tríptico para que te informes e inscribas, e mandes a esta delegación diocesana a ficha de inscrición.

ASEMBLEA DIOCESANA DO CLERO, o día 25, mércores, a partires da 10:30h. no noso Seminario. Mandarase o programa máis adiante.

Finalmente anunciarche que do 4 ao 8  de novembro teremos a segunda tanda de Exercicios Espirituais para os sacerdotes no noso Seminario, que nos impartirá o P. Santiago Agrelo OFM, arcebispo emérito de Tánxer. Convén que cada un de nós valore esta oportunidade que se nos ofrece desde a diocese para o noso ben espiritual, e mesmo facer o posible por participar.

So dicirche que tamén che vai neste envío un exemplar da carta do papa Francisco aos sacerdotes, publicada fai uns días.

Sen máis, recibe un saúdo fraterno.

Antonio Rodríguez Basanta

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol