Pascua Xove 2009        

                                                                     

 
 
 
   

 

 

 

                      

 

 

 

 

CHAMADOS A SER LUZ

 

Vilalba, marzo 09


Benquerido/a amigo/a:


Un ano máis, o Movemento diocesano Pascua Xove vai organizar no Seminario de Mondoñedo un novo encontro para vivir e celebra-la Pascua do Señor: será os días 9 ó 12 abril.


Os destinatarios deste encontro son rapaces/as (a partir de 15 anos), monitores, animadores, catequistas novos,… en definitiva, xente nova que queira ter unha experiencia de encontro con Cristo resucitado (información no tríptico que se che envía).
 

Sabemos do difícil que resulta animar a participar nestas cousas, sobre todo porque un encontro así rompe a dinámica de vacacións e o ritmo habitual dos fins de semana dos máis novos, pero seguimos crendo que pode ser unha boa ocasión para afondar e comparti-la fe dun xeito novo, distinto.
 

O ideal é a participación en todo o encontro, anque tamén é posible participar só algún día ou vir ás celebracións. No caso de que alguén queira facer isto, sería bo poñerse en contacto connosco, por mor da mellor organización.
 

Anima todo canto poidas, coméntao, dá a coñecer esta actividade xa asentada desde hai ben anos na nosa pastoral. Incluso, por qué non, tamén animarte a participar. A experiencia da morte e resurrección do Señor, nunca deixou indiferente.

 

Máis nada, recibe un cordial saúdo, e… boa Pascua!


Movemento Pascua Xove
Dedinex Mondoñedo-Ferrol

 

(Para máis información, na túa parroquia, neste teléfono 636010678 ou na seguinte dirección de
correo pascuaxove@gmail.com.

DATA LÍMITE: 5 DE ABRIL)

 

 

 

TRÍPTICO

   
   
   
 
 

                       (c) diócesis de mondoñedo-ferrol                             www.mondonedoferrol.org                                      2009                                   mcs@mondonedoferrol.org