diocese de mondoñedo-ferrol

 

                                                                o retorno de PREGOADE, publicación para catequistas

                                                                                               

 
 
 
   

 

 

 

 

a páxina web diocesana abrirá en breve

un novo apartado adicado a esta publicación...

 

 

 

Despois dun ano se publicarse ningún número de Pregoade, a publicación da delegación de catequese de catequista e para catequistas, retoma neste tempo de advento-nadal a súa tarefa comunicativa. En palabras do delegado de catequese "é o resultado da colaboración e entrega de varias persoas que poñemos a mellor boa vontade".
 

O número 21 de Pregoade nos ofrece no seu sumario: o artigo do bispo diocesano titulado "Fortalecer a nosa fráxil esperanza"; a experiencia como catequista do Diario de Luli de Ortigueira; a primeira entrega de inciación cristiá polo noso Vicario Xeral e Catequeta Antonio Rodríguez Basanta; a sección Entre arrobas... con suxestións de webs, o calendario das Escolas de Catequistas por Arciprestados e o saúda do Delegado de Catequese, Xosé Manuel Carballo.

 

 

Os presentamos a continuación una pequeña muestra del contenido de este nº 21:

 

 

 

 

Experiencias de Catequistas en... Ortigueira

 

É sábado, vai frío, madrugo. Debo deixar adiantada a comida, limpar a casa un pouco, pois durante toda a semana traballo arreo no Colexio e a penas se teño tempo para organizar con xeito a vida familiar.

 

Ás once e media póñome guapa, ata onde se pode, e marcho contenta. Ás doce teño unha cita moi importante, non podo faltar. Son os meus mozos de Confirmación, aqueles, ós que un día, con tres anos, ensineilles na escola a querer a un Neno que nace no berce máis pobre do mundo e que nos deixou a testemuña de amor máis grande. Todos xuntos acuñamos un lema, o mandamento novo: “Querernos como El nos quixo”. E de momento funciona, estamos encantados de vernos.

 

Agora teñen quince anos, o que non vai á gaita, xoga ó fútbol, e outros andan polo torneo de xadrez, así que debo darme presa porque teñen os minutos contados... logo votan horas diante da sala de xogos, falando... tamén eu o facía, lembro. Os rapaces e rapazas foron medrando, están feitos uns “chicos”e “chicas”,  agora teñen os seus problemas, uns de estudios, outros de amores, os máis de incomprensión... din eles. Falamos de todo eso e tamén de Deus. ¡Miúdas preguntas fan ás veces! Tamén eu as facía... ¿Verdade, Don Virxilio? Un día díxenlle que descifrara o misterio da Trindade e pasamos a hora de clase falando entretidos, cando o certo é que vostede tiña preparado preguntarnos as “Obras de Misericordia”, e como eran tantas... non as sabiamos.

 

(Do diario de Luli, Tempo de Advento, 2006)

     
 

Entre arrobas... estamos todos e todas...

 

As podes colocar como páxinas de inicio, o ben visitalas

con frecuencia. Estas son as suxestións das que podes tomar nota:

 

www.mondonedoferrol.org,  tés unha boa relación de

Beléns espallados por toda a nosa diocese: Begonte, Ove,

a ruta do Río Sor, As Somozas, San Xosé Obreiro,

Orden Terceira de Ferrol…

 

www.novafronteira.org, é a páxina da nosa pastoral xuvenil

 

www.catequistas.net, complementos de materiais e suxestións

que nos ofrece CCS dende a súa publicación “Catequistas”

 

 

 
         
         
         
         
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

o noso

Bispo Manuel escribe:

"Fortalecer nuestra frágil esperanza"

 

"El Adviento y la Navidad son tiempos propicios para despertar en nuestros corazones la esperanza mientras adoramos a Aquel "que es, que era y que viene" (Ap. 1, 8). El Hijo de Dios vino a nosotros en Belén hace más de veinte siglos, viene también cada día y vendrá de nuevo al fin de los tiempos..."

   

Escolas de Catequistas en marcha...

 

Arciprestado de Ferrol

(Na parroquia das Angustias, os 3º martes de mes, ás 20.00h.)

 

Arciprestado de Xubía

(En San Xosé Obreiro, os 2º martes de mes, ás 19.30h.

En Valdoviño, os 2º venres de mes, ás 19.30h.)

 

Arciprestado Ortegal-As Pontes

(No local parroquial de Cariño, os 1º sábados do mes, ás 18.00h.

Na rectoral de As Pontes, os 3º luns de mes, ás 20.00h.)

 

Arciprestado de Mondoñedo

(Colexio O Pilar, os 2º martes de mes , ás 20.00h.)

 

Arciprestado de Ribadeo-Miranda

(Na Parroquia de Sta. María do Campo, os 2º venres de mes, ás 16.30h.)

 

Arciprestado de Terrachá

(No Centro Cultural de Outeiro, os 3º sábados de mes, ás 21.00h.)

 

Arciprestado de Viveiro

(Pendente de concretar)

   
 

 

   
   
  14 de decembro de 2007
   
   
 
 

                       (c) diocese de mondoñedo-ferrol                             www.mondonedoferrol.org                                      2007                                   mcs@mondonedoferrol.org