diócesis de mondoñedo-ferrol

 

                                                            publicaciones del Año Jubilar de San Rosendo 2007

                                                        

 
 
 
     

1 San Rosendo e Mondoñedo: Razóns dun Centenario (907-2007), Publicacións do XI Centenario do Nacemento de San Rosendo, 1, Mondoñedo, 2006, 194 páxinas.

Trátase dun libro que inaugura a serie de Publicacións do XI Centenario do Nacemento de San Rosendo, patrono da Diócese de Mondoñedo-Ferrol. A magna figura do Santo, o seu inmenso legado espiritual e cultural e a súa fonda pegada na Igrexa Particular mindoniense-ferrolá, caracterizan esta apaixoante ollada cara un dos máis sobranceiros bispos da historia de Galicia. Ademáis, reúne tódalas fontes documentais que hoxe se coñecen, incluídas as de procedencia lusa.

Prezo: 10 euros.

   
   
   

2  Misa estacional para o Ano Xubilar de San Rosendo 2, Mondoñedo e Ferrol 2006, pp. 96.

Trátase da Liturxia Eucarística, con tódalas partes variables da Misa así como cantos, monicións e preces para axudar a unha celebración mais participativa na Eucaristía nas comunidades e parroquias. Ten tamén unha presentación do Sr. Bispo da Diocese, unha aproximación sinxela a vida de San Rosendo, as bulas das Indulxencias Xubilares e un breve texto sobre o sentido da peregrinación como chamada a santidade, da que é exemplo e modelo o Patrón da nosa Igrexa Particular.

Prezo: 5 euros.

   
   
   

3  Novena e oración eucarística na honra de San Rosendo, 3, Mondoñedo e Ferrol, 2006, pp. 148.

Pretendemos achegala figura de San Rosendo a vida e á piedade popular da nosa xente. Por isto ofrecemos unha novena na honra do Santo, que pode facerse dentro ou fora da Misa, ou se se quere un triduo na festividade de San Rosendo ou en calquera data deste Ano Xubilar. Non podía faltar o oferta duns materiais para un vixilia de oración ante a Señor Sacramentado, que sería bo realizar en varias ocasións ó longo deste ano para que sexa, de verdade, un intre de renovación persoal e comunitaria para toda a Diocese.

Prezo: 5 euros.

   
   
   

4  Liturxia das horas na Festa de San Rosendo, 4, Mondoñedo e Ferrol, 2006, pp. 98.

A Liturxia das Horas únenos a toda a Igrexa que, a través do mundo, traballa, canta e loa ó seu Señor. A presente obra presenta completo o oficio de San Rosendo: I vésperas, oficio de lectura, laudes e II vésperas. Leva así mesmo unhas pequenas introducións, os himnos de San Rosendo e os himnos e cantos apropiados para a celebración solemne da Liturxia das Horas.

Prezo: 5 euros.

   
   
   

5  A Diocese: Fogar de comuñón e misión, 5, Mondoñedo e Ferrol 2006.

A celebración do Ano Xubilar ven a ser unha ocasión nova para toma conciencia da nosa pertenza a esta Igrexa concreta de Mondoñedo-Ferrol. Por iso, publicanse aquí unhas catequeses, que axuden a facer máis real e viva a nosa vinculación a esta Igrexa en espírito de comuñón, comprometidos na tarefa evanxelizadora, misión común a tódolos bautizados. Leva unhas introducións xerais ó tema e remata co testamento de San Rosendo.

Prezo: 5 euros.

   
   
   

6  Palabra y vida 2007. El Evangelio comentado cada día

Unha forma de levar á vida o estilo e a espiritualidade deste Ano Xubilar é través da través da escoita, persoal e comunitaria, da Palabra de Deus. O evanxeo de cada día, xunto cun pequeno comentario, quere ser alimento diario na nosa peregrinación xubilar.

Prezo: 1.50 euros.

   
   
   
   

7  San Rosendo, bispo dunha Igrexa distinta

Trátase dun documental que ven a ser unha aproximación á vida e obra de San Rosendo. Así como unha historia sinxela da diocese. Pode ser moi útil para catequeses, clases da área social e de relixión. Duración: 30 minutos.

Prezo: 15 euros.

 

   
   
   
   

8  Estampas, medallas e outros recordos do Ano Xubilar

Teremos ocasión de velos e pedir os que precisemos nas celebracións inaugurais e nas reunións de zona ó longo do ano.

Contamos con: Medalla conmemorativa (15 €), Medalla de prata (3 €), Medalla pequena (2 €), Capela de San Rosendo (5 €), Chaveiros (3 €), Placas de coche (3 €), Estampas plastificadas (0,30 €) e marca-páxinas (0,20 €)

   
   
   

9  Sanctus Rudesindus

   
   
   

10  Misa en rito hispano-mozárabe na festa de San Rosendo, Bispo e Confesor

   
   
  (Nota: estas publicaciones se pueden adquirir en la Domus Ecclesiae de Ferrol así como en las librerías diocesanas)
   
   
 
 

                       (c) diócesis de mondoñedo-ferrol                             www.mondonedoferrol.org                                      2007                                   mcs@mondonedoferrol.org