O artigo 7.5 dos
estatutos do Consello Diocesano de Pastoral (CPD)
lémbranos que unha das tarefas daquel é a de “reflexionar
á luz do Evanxeo e expresar o seu parecer e sentir sobre
aquellos asuntos e acontecementos que afectan á vida do
noso pobo e que demandan unha iluminación cristiana
orientadora para os crentes”.
Como figura na
introdución do novo plan pastoral “todo novo Plan
Pastoral Diocesano é un reto ilusionante para a nosa
igrexa que camiña en Mondoñedo-Ferrol, que recibiu o
evanxeo de Xesucristo e ten a misión de poñerlo ao
servizo do mundo, en cada momento da súa historia e para
o súas xentes”.
Por iso, segundo o
recollido nos artigos 11.3.a e b dos vixentes estatutos,
, o bispo diocesano, en calidade de presidente do CPD,
convoca o pleno ordinario do CPD para o vindeiro 15
de decembro (xoves), que terá lugar no Pazo
Episcopal de Mondoñedo, en horario de 19.00 horas
a 21.00 horas, coa seguinte
ORDE DO DÍA
-
Saúdo e oración de entrada
-
Lectura e aprobación da acta da última asemblea (achégase
copia)
-
Presentación e reflexión sobre o Plan Pastoral Diocesano
2011-2012
-
Perspectivas
e análise actual do desenvolvemento do Congreso de
Leigos 2012
-
Rogos
e preguntas
Ferrol, 1 de decembro
de 2011
O secretario
José María Pérez
Martínez