Delegación del Clero

Delegado
M. I. Sr. D. Antonio Rodríguez Basanta
981 353 295 | 670 248 594
vicarioxeral@mondonedoferrol.org

 

Retiros de Cuaresma: 'A nosa misión en conversión'

Novamente me poño en contacto contigo co desexo de que te encontres ben e con desexos de vivir máis intensamente este tempo de gracia do Señor que é a Coresma. O motivo é informarte das actividades máis inmediatas que temos previstas na nosa Diocese e que nos afecta a todos, particularmente ós sacerdotes.

Esta é a axenda:

Mes de marzo
· 1, xoves, 12:30h. Solemnidade de San Rosendo. Eucaristía na Catedral de Mondoñedo

· 9, venres,  de 14 a 20 h. Participación nas “24 horas para o Señor” nas Escravas de Ferrol

· 10, sábado, 10:30h. “Festa da Misericordia” e “24 horas para o Señor”, en Mondoñedo

· 12, luns 10:30h. Retiro de Coresma dirixido polo bispo no Seminario de Mondoñedo

· 13, martes 10:30h. Retiro de Coresma dirixido polo bispo no asilo de Vilalba

· 14, mércores 10:30h. Retiro de Coresma dirixido polo bispo na parroquia de Caranza-Ferrol

· 27, martes: 11:00h. “Misa Crismal” na Catedral de Mondoñedo (os que pensedes xantar no Seminario avisade con antelación ó tfno. 982 521 000)
 

Mes de maio
· O 10, xoves: 10.30h. San Xoán de Ávila no Seminario. Vodas sacerdotais de prata (D. Antonio Valín Valdés), ouro (D. Gonzalo Folgueira Fernández, D. Francisco Gómez García e D. José Luis García de Benito) e diamante (D. Serafin Rodríguez García e Luis García Lamas)

· O 17, xoves, todo o día Peregrinación diocesana a Covadonga (organizan os arciprestados).
 

Outras informacións
· O 19 de marzo, luns, Solemnidade de San Xosé, é día laborable e lectivo pero de precepto, polo que desde as parroquias facilitarase no posible a participación na eucaristía dese día.

· O 5 de abril comeza en Roma o Curso de actualización sacerdotal. Os interesados en participar que se poñan en contacto con esta delegación.

· O 27 de maio, domingo, ás 6 da tarde, terán lugar as Confirmacións de adultos na Catedral de Mondoñedo. Presidirá o noso bispo e hai que avisar previamente ó delegado de catecumenado e catequese e coordinarse en cada arciprestado.

Adxúntoche con esta carta un tema de reflexión que ofrecemos ás parroquias e comunidades nesta Coresma con motivo do Plan Diocesano de Pastoral.

Sen outra cousa polo de agora, recibe unha aperta de irmán.

Antonio Rodríguez Basanta