| |
1565
O Concello de Mondoñedo, presidido polo
bispo Maldonado, o día 22 de outubro, acorda solicitar do Concilio
Provincial a autorización para erixir un Seminario.
1583
Fundación do Seminario Conciliar de Santa Catalina, baixo o
pontificado do bispo Caja de la Jara.
1699
Lévanse a cabo as obras da primeira ampliación do edificio do novo Seminario.
1770
Mons. Losada e Quiroga promove a construcción dun novo
edificio, ó carón da Catedral, construcción que se remata cinco anos
despois.
1775
Nesta época é cando o Centro alcanza o maior esplendor, baixo o
Patronato Real de Carlos III, que lle concede o título de Real Seminario
Conciliar de Santa Catalina, chegando a contar con douscentos
seminaristas.
1835
En plena guerra, o Seminario é transformado nun forte para os
habitantes da cidade, construíndo dúas torres e pontes levadizas.
1888
O bispo José María Cos e Macho comeza a construcción dun
novo piso sobre a edificación xa existente.
1930
Mons. Solís promove a construcción do xa desaparecido Seminario
Menor.
1947
Mons. Quiroga Palacios
comeza a grande ampliación do Seminario,
coa construcción de novos pabellóns, obras que duraron dez anos.
1954 O día 8 de septembro, Mons. Vega Mestre inaugura a nova
Capela
Maior do Seminario.
|
|
1967
Durante o pontificado de Mons. Argaya
trasládase o Seminario Maior a Salamanca, coa creación do Teologado
Diocesano San Rosendo. Os alumnos asisten ás clases da Universidade
Pontificia de Salamanca. Catro anos despois os seminaristas vivirán no
Colexio Maior Nosa Señora de Guadalupe (Hispanoamericano).
1977
Os seminaristas de Mondoñedo-Ferrol trasládanse agora ó
Seminario Maior de Santiago de Compostela, xunto cos doutras dioceses
galegas, tentando a posta en marcha dun Seminario Rexional.
1986
O día 5 de xaneiro comeza a experiencia dun novo Teologado
Diocesano en Santiago de Compostela, atopándose a diocese vacante e siendo
Administrador Diocesano D. Uxío García Amor. Os alumnos asisten ás clases
do Instituto Teolóxico Compostelán, centro afiliado á Facultade
de Teoloxía da Universidade Pontificia de Salamanca.
1988
Despois de rematala construcción dun novo Teologado
Diocesano en Santiago de Compostela, e tralo acordo firmado polo
arcebispo compostelano Mons. Rouco Varela e o prelado mindoniense Mons.
Gea Escolano, inaugúrase o día 5 de outubro, cun solemne acto no que participaron os bispos de Galicia
e representacións do clero
diocesano e das outras dioceses galegas.
1992
Rematan as obras de remodelación do Seminario Menor. promovidas
por Mons. Gea Escolano, que incluían, ademáis das habitaciones
destinadas ós seminaristas, unha residencia sacerdotal e outras destinadas
a Hospedería.
1993
Mons. Tagliaferri, Nuncio da S. S. en España, bendice as novas
instalacións o día 22 de marzo, acompañado polo bispo diocesano e un
nutrido grupo de sacerdotes |